Deseño / Webmaster:
Nilo Pallares

 

 

 

 

 

SUBVENCIÓNS
 

No departamento de subvencións, dedicamos todos os nosos esforzos a rastrexar calquera tipo de subvención o subsidio que lle poida interesar ós nosos clientes. Para levar a cabo este labor dispoñemos de bases de datos altamente valoradas no mundo xurídico ; grazas a elas podemos coñecer todo tipo de axuda económica, no mesmo día da súa publicación no boletín oficial correspondente: DOUE, BOE, DOG, BOP, Ordenanzas Municipais , etc., e transmitir inmediatamente a información ás persoas afectadas .

Entre as axudas económicas máis demandadas por ós nosos clientes podemos destacar as seguintes:

A) Subvencións para a promoción do emprego autónomo

•  Persoas Físicas

•  Sociedades Limitadas

B) Subvencións para a promoción do emprego nas entidades de Economía Social

•  Cooperativas

•  Sociedades Laborais

C) Subvencións para o fomento do emprego por conta allea

•  Con carácter temporal

•  Con carácter definitivo

D) Subvencións para a promoción da cultura emprendedora no eido local

•  Iniciativas Locais de Emprego (ILES)

•  Iniciativas de Emprego Rural (IER).

E) Subvencións os promotores das iniciativas ou proxectos locais encadrados no programa PRODER II.