Deseño / Webmaster:
Nilo Pallares

 

 

 

 

 

MERCANTIL
 

No eido mercantil o noso esforzo vai encamiñado, en coordinación co resto dos departamentos , a favorecer o desenvolvemento dos negocios e das empresas, desde o seu nacemento e ó longo da súa actividade. Isto supón estar plenamente actualizados no coñecemento das normas xurídicas que regulan a actividade comercial , o que logramos utilizando as máis modernas técnicas de traballo.

Entre os servizos ofrecidos , poderíanse destacar os seguintes:

•  Asesoramento sobre a forma xurídica máis adecuada para a realización da actividade que se pretende levar a cabo (autónomo, cooperativas, sociedades,...).

•  Preparación da documentación necesaria para a constitución das distintas figuras societarias e actuación ante os organismos oficiais (escrituras, estatutos, Rexistro Mercantil,...).

•  Elaboración, actualización e leva dos libros mercantís requiridos (libro de participacións, libros de actas,...).

•  Preparación da documentación e mediación ante as entidades públicas, para o inicio da actividade, no caso de traballadores autónomos.

•  Asesoramento permanente durante o desenvolvemento da actividade .

•  Asistencia e elaboración de contratos.