Deseño / Webmaster:
Nilo Pallares

 

 

 

 

 

   
 

Somos un grupo constituido por economistas, avogados e licenciados en Ciencias Empresariais, cunha sólida formación profesional e ampla experiencia no campo do asesoramento.

Abarcamos todos os ámbitos do mundo da empresa, fiscais, laborais, contables, mercantís, civís, etc. e estamos permanentemente actualizados en todas as novidades que se produzan nestes campos, grazas a un laborioso traballo diario de indagación nos boletíns oficiais das distintas institucións públicas.

Proporcionamos ós nosos clientes un asesoramento personalizado, baseado no coñecemento profundo da empresa, analizando as posibles vías de actuación e propoñendo solucións á medida das súas necesidades, co único obxectivo de mellorar o rendemento da mesma.

Sempre facemos unha primeira análise da situación do cliente, sen nengún tipo de coste nin compromiso, e propoñemos a actuación máis beneficiosa para os seus intereses, a nivel fiscal, laboral, mercantil, contable, etc. Esta planificación fiscal suporá un importante aforro impositivo e, xunto co traballo realizado no departamento de subvencións, completará o labor en beneficio e proveito dos nosos clientes.

 
XANA ASESORES S.L.L.
R/ Noria 4- portal 3º- Entrechán D
36940- Cangas do Morrazo
PONTEVEDRA
 
Teléf. 986 392 117